Tuesday 23 de April de 2024

Papá Noel despide o seu itinerario polas escolas da Pobra ata o vindeiro ano


Na xornada deste 20 de decembro transcorreron as últimas visitas efectuadas por parte de Papá Noel aos distintos centros educativos de infantil e primaria da Pobra do Caramiñal, as cales se iniciaron no pasado día 17.

Nesta ocasión desprazouse ata o CEP Salustiano Rey Eiras, EEI Fernández Varela e unitaria da Granxa; mentres que na pasada semana se achegou ata as unitarias do Campo-A Angustia, Vilariño, CEP Pilar Maestú Sierra e Monte Carmelo.

Estes encontros coas crianzas atópanse adscritos á programación do Nadal configurada dende a Concellaría da Promoción Económica, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra).